mércores, 9 de decembro de 2015

Amigo invisible

Este Nadal pode ser distinto... chegou o amigo invisible!
Non che gustaría que alguén do centro te sorprendera cunha película, cun CD, un cómic, unha novela?
A todo isto...ti tamén sentirás a necesidade de abraiar a alguén da túa aula.
Sigue estes pasos:
1- Facede un sorteo no voso grupo para ver quen vai ser o amigo de cada un de vós.
2- Unha vez que saibas quen é o teu amigo, vai á bilbioteca e elixe o agasallo.
3- Co teu carné rexistra o agasallo na biblioteca e despois déixao alí para que cho envolvan.
Antes de que marchemos de vacacións, alguén repartirá polas aulas tódolos agasallos.
Importante: o préstamo é temporal. Deberá devolverse á volta das vacacións.




Imaxe: Menudos peques

Ningún comentario:

Publicar un comentario