venres, 30 de outubro de 2015

Concurso de cabazas

Os alumnos de 1º e 2º da ESO demostraron unha gran creatividade tal como podemos ver na exposición das cabazas participantes no concurso. Grazas a todos pola vosa colaboración e FELIZ SAMAÍN.


xoves, 29 de outubro de 2015

Actividades da 1ª semana de novembro


Desde o 3 ata o 6 de novembro os alumnos poden pasar pola biblioteca para faceren selfies co noso esqueleto do Samaín.
Reunión do club de lectura de 2º, 3º e 4º da E.S.O: xoves, 5 de novembro, 2º recreo.
Exposición de libros da libraría Aenea de Santiago de Compostela: venres, 6 de novembro, 3ª e 4ª hora.

PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2015


venres, 23 de outubro de 2015

CONCURSO DE CABAZAS

Concurso dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO
Os alumnos que desexen participar entregarán as súas cabazas decoradas con motivos relacionados co Samaín ou outros onde expresen a súa creatividade o martes 27 de outubro na Biblioteca.




martes, 20 de outubro de 2015

Mochilas viaxeiras

O xoves 22 de outubro os alumnos pasarán a recoller as mochilas viaxeiras na biblioteca no segundo recreo (12.25)