mércores, 9 de decembro de 2015

Amigo invisible

Este Nadal pode ser distinto... chegou o amigo invisible!
Non che gustaría que alguén do centro te sorprendera cunha película, cun CD, un cómic, unha novela?
A todo isto...ti tamén sentirás a necesidade de abraiar a alguén da túa aula.
Sigue estes pasos:
1- Facede un sorteo no voso grupo para ver quen vai ser o amigo de cada un de vós.
2- Unha vez que saibas quen é o teu amigo, vai á bilbioteca e elixe o agasallo.
3- Co teu carné rexistra o agasallo na biblioteca e despois déixao alí para que cho envolvan.
Antes de que marchemos de vacacións, alguén repartirá polas aulas tódolos agasallos.
Importante: o préstamo é temporal. Deberá devolverse á volta das vacacións.




Imaxe: Menudos peques

A frase da quincena



"Las bibliotecas las hacen los lectores cuando estas son fuentes y no estanques"
Lasso de la Vega

O libro do mes

AUTOR: VV.AA.
OBRA: Mitología

Compilación de mitos e lendas de todo o mundo. 
Contén en distintos apartados a mitoloxía clásica, a europea, a exipcia e a africana, a de Próximo Oriente e a de América.
Magníficas imaxes procedentes dos máis importantes museos e coleccións privadas.



sábado, 5 de decembro de 2015

Mochilas viaxeiras

As mochilas viaxeiras seguen a súa viaxe durante o curso 2015-16, tamén no Nadal,  na compañía dos alumnos de 2º da ESO.