xoves, 30 de xuño de 2016

Excursión a Santiago de Compostela

O día 22 de xuño o equipo da biblioteca acompañou aos membros do club de lectura e aos colaboradores da biblioteca a Santiago de Compostela. Nesta excursión os alumnos, ademais de visitar a catedral e pasear polas rúas de Santiago, visitaron a Biblioteca América onde puideron admirar obras literarias certamente curiosas así como o Libro das Horas de Fernando I de León, considerado o libro máis antigo de Compostela.




sábado, 25 de xuño de 2016

Grazas, Jorge

O equipo da Biblioteca quere agradecer a xenerosidade do alumno Jorge Rial Fondo de 2º ESO ao doar este libro á biblioteca do centro.
Grazas, Jorge, por este libro e pola túa participación nas actividades da biblioteca. 







sábado, 18 de xuño de 2016

EMPRÉSTITO DE VERÁN

Xa está a vosa disposición o empréstito de material da biblioteca (libros, música e películas) para o verán.
Lembramos tamén que debedes devolver o material que collestes ao longo do curso e que aínda non entregastes.
Felices vacacións.

Excursión a Santiago de Compostela

     O vindeiro mércores 22 de febreiro todas as alumnas e alumnos que colaboran como voluntarios na biblioteca, así como os participantes no club de lectura, estades convidados a unha viaxe a Santiago de Compostela.
Moitas grazas polo voso traballo.


sábado, 4 de xuño de 2016

Obradoiro de bolachas

Coincidindo coa celebración da semana cultural no centro a coordinadora da biblioteca participou nun obradoiro de repostería cos alumnos de 1º da ESO.


sábado, 7 de maio de 2016

O libro do mes

O libro e a frase do mes de maio van dedicados a Manuel María, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.



"O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo."

luns, 25 de abril de 2016

O Equipo da Biblioteca quere agradecer publicamente a Soraya Varela que nos estivo acompañando nos últimos meses pola doazón destes libros.
Miles de grazas, Soraya.


sábado, 23 de abril de 2016

IV Centenario da Morte de Cervantes

Con motivo do IV Centenario da Morte de Cervantes no corredor da biblioteca pódese visitar unha exposición de imaxes de Miguelanxo Prado sobre a vida e obra de Cervantes.


Día do Libro

Onte celebramos na biblioteca do centro o Día do Libro dedicado exclusivamente a Miguel de Cervantes pois este ano conmemórase o IV aniversario da súa morte.
Alumnos de diferentes cursos, caracterizados coa gorguera típica da época de Cervantes, leron o primeiro capítulo de Don Quijote de la Mancha.
Agradecemento aos alumnos que participaron voluntariamente neste acto:
Teresa C.L., Paula G.B., Noa L.R. e Alicia F.V. (1º ESO)
Claudia S.C., Antía S.M. e Eloy S.P. (4º ESO)
Clara F.R. e Tomás F.F. (1º BAC.)




O libro do mes


Este mes o libro da biblioteca non pode ser outro que Don Quijote de la Mancha para conmemorar o IV Centenario da Morte de Miguel de Cervantes.





"Las lecciones de los libros muchas veces hacen más cierta la experiencia de las cosas"

xoves, 14 de abril de 2016

Día da Poesía

Para celebrar o Día da Poesía alumnas e alumnos dos distintos cursos invadiron as aulas coa lectura de poemas.
Moreas de agradecementos a todos os participantes.
Teresa C.L., Paula G.B. e Noa L.R. de 1º ESO
Paula M. G. , Claudia S.C. e Atenea S.G. de 3º ESO
Miriam R.P., Nuria V.L. e Eloy S.P. de 4º ESO
José Carlos C.V. de FP Básica
Sheila Mª L.L. de 1º BAC.
Noemi A.A. e Xeila P.G. de 2º BAC.

mércores, 13 de abril de 2016

Maletas viaxeiras

Chega á Biblioteca a segunda maleta viaxeira. Esta vez contén banda deseñada.


Pase ao Liberespazo

Para ser "libernauta" ven recoller o teu Pase ao Liberespazo. Nel debes cubrir os datos dos libros que esteas a ler, valoralos e así conseguirás o "visado" da Biblioteca.


venres, 25 de marzo de 2016

O noso estante

A Biblioteca quere homenaxear con este estante a aqueles escritores que tiveron a ben facernos unha dedicatoria .


O libro do mes




A muller en Baio

Co gallo do Día da Muller Traballadora a Biblioteca quere recuperar unha foto do equipo de fútbol feminino que había en Baio en 1992.


Día da Muller Traballadora


O pasado 8 de marzo a Biblioteca celebrou o Dia da Muller Traballadora facendo un mural de imaxes procedentes de Google relacionadas con este día. Ademais expuxéronse obras literarias relacionadas coa muller.






Maletas viaxeiras

Xa chegou ao IES Maximino Romero de Lema a maleta viaxeira que contén libros de poemas. Ven pasar con ela un recreo.


sábado, 5 de marzo de 2016

Visita do escritor Fernando Lalana

Esta semana estivo no noso instituto o escritor de literatura infantil e xuvenil Fernando Lalana , quen falou cos alumnos de 1º da ESO sobre creación literaria. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Castelá.



Imaxe procedente de La Voz de Galicia.

mércores, 24 de febreiro de 2016

Día de Rosalía

Para celebrar hoxe, 24 de febreiro, o Día de Rosalía, a Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Maximino Romero de Lema secundan a iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega #mobilizarosalía. Os alumnos fan un envío masivo a través das redes sociais dos seguintes versos do poema IV de Cantares Gallegos xunto cunha imaxe alusiva da autora.
Trocaron en sonrisas
queixiñas e choros.


mércores, 10 de febreiro de 2016

A frase da quincena

Co gallo do centenario da morte de Rubén Darío o 6 de febreiro eliximos este autor para a frase da quincena.


"El libro es el telescopio con el que se ve el infinito"